A REDe (Red Eglógica Distribuída) nace a partir dos lumes que cada ano están a deixar máis vítimas no noso país.
Este é un intento de organización cidadá, polo tanto, descentralizado, para contribuír a remediar esta situación.
Somos un grupo informal que pretende axudar a coordinar e difundir o traballo que voluntarios, gobernos, particulares e científicos están a facer no noso país; ademais de intentarmos achegar este proceso aos traballadores de rural, que malia coñenceren o monte de primeira man, tenden a seren ignorados nesta proceso.
Promovemos o relevo xeracional nos sectores agroforestais, difundindo os métodos de vida tradicional entre os xoves.
En última instancia, a REDe é a voz da xente que traballa, estuda, e se preocupa polo monte; para que os que veñan despois non repitan erros xa feitos.